Ás 11:30h está prevista unha ofrenda floral a Cunqueiro diante da súa tumba no Cemiterio Vello de Mondoñedo. Participarán na mesma o alcalde Manuel Otero e outras autoridades locais, o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez, así como responsables de asociacións e entidades mindonienses e tamén da CMAC.
Ás 12:00h terá lugar no Auditorio Pascual Veiga a primeira proxección pública do documental Cunqueiro. A grande ilusión, dirixido por Roberto Conde e producido por Ouvirmos. Arrouparán o acto o alcalde, o secretario xeral da SXPL, o director do documental e o director de Ouvirmos, Xosé Aldea, ademais do responsable da CMAC Armando Requeixo.
Ao remate da proxección levarase a cabo, tamén no Auditorio Pascual Veiga, o maratón de lectura de obras de Cunqueiro, no que participarán os escolares do municipio e o público asistente.
Finalmente, ás 13:30h. e novamente no Auditorio Pascual Veiga, presentarase aos medios e ao público da sala a convocatoria do I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, promovido polo Concello de Mondoñedo e a CMAC co patrocinio da SXPL. Participarán desta presentación o alcalde da cidade, o secretario xeral de Política Lingüística, o director da Editorial Galaxia, selo que publicará as obras gañadoras do certame, e mais o coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC.