Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz pide a mellora da visibilidade nos reductores de velocidade e pasos de peons na LU-162, en Cangas

Foz, 3 de febreiro, 2022. A estrada LU-162, de titularidade da Xunta, soporta un elevado tránsito de vehículos, o que constitúe un perigo para os veciños que viven na travesía de Cangas. Os limitadores de velocidade cos que conta, non dispoñen das adecuadas condicións de visibilidade para os conductores o que fai que unha medida de seguridade vial poda convertirse en xusto o contrario do que procura. Súmase a esta situación, o non cumprimento do acordo plenario de xaneiro de 2020 para o remate das beirarrúas e a protección de pozos de pluviais con tapas nesta mesma estrada.

Dada a inseguridade peonil e para o tránsito rodado o BNG de Foz propón ao pleno do Concello Instar á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade ao repintado das bandas transversais nos limitadores de velocidade e pasos de peóns na estrada LU 162 ao seu paso por Cangas de Foz e a dar reposta ao acordo do Pleno do Concello de Foz para o remate das beirarrúas e a protección de pozos de pluviais.

Exit mobile version