Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro realiza labores de mantemento e conservación fluvial en diversos ríos do municipio

Viveiro, 4 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro realiza desde hai semanas labores de mantemento e conservación fluvial en diversos ríos do municipio.

Dende finais do pasado mes de decembro, procedeuse á realización destas tarefas nos cauces dos río Fontecova (Xunqueira); no Rego das Trasposta; no rego que discorre en paralelo á rúa Pallete, en Landrove; Rego de Loiba, en Covas, e Rego das Nogueiras.

Estes traballos realízanse coas autorizacións pertinentes, en tramos de competencia municipal, co obxectivo de facilitar que os ríos discorran con normalidade pola súa cauces, evitando atascos ou posibles desbordamentos.

O Concello de Viveiro realiza estas labores de mantemento e acondicionamento de cauces, en tramos urbanos, de forma periódica, unha vez que se dispón das autorizacións correspondentes por parte de Augas de Galicia. Esta tramitación require de tempo, non podendo realizase estes traballos de conservación, aínda que se trata de tramos de competencia municipal, ata que non chegan os permisos.

Exit mobile version