Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Mondoñedo dará conta no vindeiro pleno municipal da intervención proxectada na rúa Regueira

Mondoñedo, a 20 de febreiro de 2022. O goberno de Mondoñedo dará conta no vindeiro pleno municipal da intervención proxectada na rúa Regueira.

Esta actuación será financiada con fondos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do plan Hurbe, e do Concello. O orzamento ascende a máis de 43.000, dos cales 13.870 euros os aporta o Concello de Mondoñedo.

“Deste xeito continuamos coa execución das actuacións proxectada na área Rexurbe”, sinalan desde o Goberno local.

O Concello xa ten dispoñibilidade de terreos e conta con todas as autorizacións sectoriais para acometer esta intervención e, así, eliminar o feísmo no entorno do Camiño Norte.

Exit mobile version