Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo segue a celebrar o Día dos Humedais

Ribadeo, 19 de febreiro, 2022. Descubrindo os Humidais: quen vive aí?. Para atopar a resposta, o alumnado de 1º ESO do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou esta semana nunha actividade ofertada polo Concello de Ribadeo a través do Obradoiro Territorio Vivo. Tivo lugar nas inmediacións da Praia dos Bloques, onde o alumnado, axudado polos monitores, debía ir superando unha serie de probas físicas, táctiles, auditivas e de enxeño que lles permitía ir gañando pezas coas que compoñer puzles de distintas especies características dos humidais. Finalmente fíxeron unha posta en común entre tódolos grupos e unha reflexión sobre a importancia da Ría de Ribadeo como humidal de importancia internacional e trataron de identificar as causas que provocan a desparición deste tipo de ecosistemas. Agradecémoslle ó Concello de Ribadeo a colaboración e esperamos que axude a que o alumnado valore a importancia de conservar o noso patrimonio natural.

Exit mobile version