Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade e o colectivo feminista Meigas Bravas Son convocan unha xuntanza na Mariña para a organización do 8 de Marzo

A Mariña, 15 de febreirso, 2022. O Observatorio da Mariña pola Igualdade e o colectivo feminista Meigas Bravas Son convocan unha xuntanza o vindeiro xoves, 17 de febreiro ás 20:00 horas, para comezar a artellar un acto central na comarca ao fío do 8 de Marzo. Ambos e dous colectivos, que se unen ao movemento Galegas 8M, poñen en marcha a iniciativa para sumar á organización de actividades a todas aquelas mulleres que queiran aportar ideas e se queiran unir á mobilización comarcal co gallo do 8 de marzo.

Atendendo á situación sanitaria e ao pouco tempo de antelación co que se inician os preparativos do 8M na Mariña, o formato da xuntanza será virtual e poderase seguir dende a seguinte ligazón: https://meet.jit.si/Galegas8M_naMariña

Tanto o Observatorio da Mariña pola Igualdade coma Meigas Bravas Son póñense tamén á disposición daquelas mulleres que non poidan conectarse á xuntanza pero que queiran formar parte das actividades. Para elo pódese contactar a través das redes sociais de ambas e dúas entidades.

Exit mobile version