Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS convértese en tetracampeón de Supercopa e dedícao a Ana Nogueira

Burela, 27 de febreiro, 2022. A Historia das Guerreiras Laranxas non ten capítulo final. O Pescados Rubén Burela FS converteuse en tetracampeón de Supercopa de España tras impoñerse 2-1 a Futsi Atlético Navalcarnero no Palacio Municipal de Deportes de Jerez de la Frontera. A capitá, Peque, recibiu o undécimo trofeo consecutivo das filas mariñás de mans do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales, para brindarllo a toda a afección pero especialmente dedicado á memoria dunha das incondicionais da Bancada Laranxa, Ana Nogueira.

Nuns primeiros minutos de toma de contacto entre dúas escuadras cautas foi Ale de Paz quen protagonizou a primeira gran ocasión, ao segundo pau nunha chegada de Peque con unha magnífica resposta de Marta Balbuena. Aos poucos, a prudencia deu paso ás ganas. Irene Córdoba, a pase de Ame Romero, dispuxo dunha con moito perigo pero foi Laura a encargada de subir o 0-1 tras unha boa saída de Jozi Oliveira #ante Anita Luján. As mariñás rozaron o empate chegando ao descanso, a tan só 29 segundos, cun pase longo da meta laranxa a Ale de Paz.

As mariñás igualaron a contenda no regreso cunha gran recuperación de Irene Samper servida a Emilly que buscou á excepcional Peque ao segundo pau; triangulación de libro. Nunha segunda parte na que as Guerreiras atopábanse cada vez máis cómodas e con máis perigo, Cami deulle ao Peixes Rubén a iniciativa no electrónico no minuto 30, nun mísil á escuadra. Peque e Cilene rozaron o terceiro. Tamén o rozou Emilly con case catro minutos por diante e apostou o Futsi con Anita Luján como porteira xogadora ante un Burela FS impertérrito.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira, Peque, Cami, Irene Samper, Emilly, cinco inicial; tamén xogaron Ale de Paz, Dany, Cilene, M. Cortés,

Futsi Atlético Navalcarnero FS: Marta Balbuena, Ari, María Sanz, Irene, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron Ju Delgado, Anita Luján, Laura Córdoba, Lora, Becha

Goles: 0-1, minuto 15, María Sanz; 1-1, minuto 22, Peque; 2-1, minuto 29, Cami

Árbitros: Felipe Madorrán // Urdanoz Apezteguia. Por Futsi amarela para Ju Delgado (minuto 18). Por Burela amarelaa para Leti Cortés (minuto 34).

Incidencias: Partido correspondente á Supercopa de España disputado no Palacio dos Deportes de Jerez de la Frontera. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco estivo arroupado no palco de autoridades polo presidente e o vicepresidente da RFGF, Rafael Louzán e Pablo Prieto, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.

Exit mobile version