Os populares anuncian que desenvolverán iniciativas para comprobar en que momento está o plan especial de protección e reforma interior (Pepri) aprobado no seu día para Xunqueira. Os representantes da asociación de veciños din que dende que foi aprobado este plan, nada se fixo para desenvolvelo, pese a importancia que debera ter para a debida organización deste barrio, así como para a xestión de axudas a rehabilitación de edificios.
O portavoz popular faise eco doutra das queixas dos veciños, porque considera que pon de manifesto unha carencia especialmente grave. Segundo os veciños, por Xunqueira non pasa a servizo de limpeza de rúas, o polo menos non teñen constancia de que se preste tal servizo.
Outra das queixas expostas pola asociación veciñal e recollidas polos populares, segundo explica Rodríguez, é a que fai referencia á total falta de atención ao Camiño Real.
A reunión coa asociación de veciños de Xunqueira enmárcase, sinala Óscar Rodríguez, “nos contactos continuos que mantemos cos veciños de todo o municipio, no exercizo da escoita activa que o PP fai para coñecer de primeira man os problemas e buscar solucións”.