Site icon Crónica3.com A Mariña

O servizo de emprego de COGAMI facilita a inserción de 38 persoas na Mariña durante 2021

A Mariña, 8 de febreiro, 2021. O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acadou durante o ano 2021 a inserción laboral de 38 persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para a ocupación habitual na provincia de Lugo, das que 17 son homes e o 21 mulleres. Cabe destacar que estas insercións foron posibles nunha das 118 empresas contactadas, das que 43 foron novas visitas durante o pasado ano na provincia polo servizo SIL.

O Servizo de Emprego de COGAMI, posto en marcha en 1996 como aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral, conta cunha bolsa de emprego que contempla 1.551 persoas inscritas como demandantes de emprego na provincia lucense, das que o 16,5% proceden de A Mariña, 143 homes e 114 mulleres. Durante o ano 2021 foron un total de 19 novas incorporacións á base de datos do SIL.

Como perfil dominante, o75% destas persoas inscritas teñen recoñecida a discapacidade física e, atendendo á idade, o 21% comprende entre os 18 e 40 anos, o 61% está na franxa de 41 e 55 anos e o 18% restante con idade entre os 56 e os 65 anos.

O servizo de emprego de COGAMI conta cun equipo formado por 2 profesionais de orientación laboral que se desprazan, cando as necesidades do servizo o requiren, para atender as necesidades das persoas con discapacidade nas zonas de ámbito rural. Na Mariña, os puntos de atención están localizados no Centro Sociosanitario da Xunta no concello de Ribadeo, nos servizos sociais municipais de Foz, no local da asociación A Mariña COGAMI en Burela, no centro Palmeiro en Xove e no claustro do convento de San Francisco en Viveiro.

Exit mobile version