Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro martes, 22 de febreiro, proxectarase no Cine Teatro de Ribadeo a película ‘Solán e Eri , Misión á Lúa’ á que asistirá alumnado de varios centros

Ribadeo, 15 de febreiro de 2022. O vindeiro martes, 22 de febreiro, proxectarase no Cine Teatro de Ribadeo ás 12:00 horas a película Solán e Eri , Misión á Lúa.

Esta actividade programada pola Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade realízase a través de Numax e inclúe a proxección en pantalla grande acompañada de materiais didácticos específicos que permiten o desenvolvemento dos eixos artísticos e educativos contidos por cada obra. Xa foi repartido un dossier para cada participante.

Nesta ocasión, a película elixida conta como Solan e Eri se embarcan nunha aventura espacial para dar o segundo paso sobre a Lúa. É unha película chea de detalles imaxinativos que pon en valor a amizade e camaradería dos protagonistas.

Á proxección asistirán rapazas e rapaces de 4º e 5º de Primaria do Colexio Sagrado Corazón e 4º do Colexio Gregorio Sanz.

Exit mobile version