Site icon Crónica3.com A Mariña

Os equipos de benxamíns e alevíns do C.D. Egovarros-Viveiro acadan dous terceiros postos no Campionato Provincial de campo a través

Viveiro, 14 de febreiro, 2022. O pasado sábado celebrouse na localidade de Vilalba, o Campionato Provincial de campo a través, cunha masiva participación de atletas de toda a provincia lucense. O C.D.EGOVARROS-VIVEIRO, estivo representado por 24 atletas, acadando dous terceiros postos por equipos nas categorías de benxamín masculino e alevín masculino, clasificándose para o campeonato galego que se celebrará o día 20 en Lourenzá, na categoría de alevín: Lucas Iglesias Rey e Roque Salgueiro Gómez, que representarán ó club no campeonato galego no que competirán cos atletas que se clasificaron nos diferentes campeonatos provinciales de toda Galicia.

Exit mobile version