Site icon Crónica3.com A Mariña

Pilar Sánchez Soto é a gañadora dunha das experiencias sorteadas por Acisa na campaña de San Valentin

Ribadeo, 22 de febreiro de 2022. Tras concluír o prazo para reclamar os premios de San Valentín sorteados por Acisa Ribadeo, a única persoa que se presentou nas instalacións da asociación foi Pilar Sánchez Soto, coa papeleta 1989 entregada en Laboral San Antonio, que gozará dunha das experiencias, de 2 días de desconexión, que constan dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, cada unha, a elixir entre 2.800 destinos nacionais.

As outras dúas papeletas tras non reclamarse o premio quedaron anuladas e se procedeu a realizar de novo o sorteo, tal e como contemplaban as bases da campaña.

Desde Acisa subliñan que “los premios pueden reclamarse hasta el próximo lunes, 28 de febrero, en las oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 en la calle San Roque 57 – bajo. Y aunque esté cerrado nuestro local, pueden llamar al 672 24 82 26. De no aparecer ganadores para estos dos premios se darán definitivamente por desiertos”.

Os dous números premiados no novo sorteo foron:
A rifa nº 2.594, que foi entregada en Os Irmandiños.
E a rifa nº 121 entregada en Xestión de Sistemas Eléctricos de Ribadeo.

Desde Acisa confían en poder entregar nesta segunda ocasión estas dúas viaxes. E lembran que o sorteo pode verse no Facebook @acisaribadeo.

Exit mobile version