Site icon Crónica3.com A Mariña

Ponton pide a implicacion do estado na busca da tripulación do Villa de Pitanxo

Marín, 20 de febreiro, 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, pide que se atenda á petición das familias da tripulación do Villa Pitanxo de seguir coa busca dos mariñeiros desaparecidos e que para iso se implique tamén con medios o Goberno do Estado, “é unha petición que debe ser escoitada e atendida”.

A dirixente nacionalista, que asistiu en Marín á concentración convocada polas familias, volveu trasladar todo o apoio e solidariedade en nome do BNG nun momento tan difícil, “posiblemente o máis duro na vida”, recalcou, tras reiterar toda a colaboración do Bloque para o que se precise.

Exit mobile version