Site icon Crónica3.com A Mariña

Re-ciclando foi o título a actividade que as monitoras do Centro Gaia realizaron este xoves cos alum@s de 1º de Primaria do Ceip Virxe do Carme

As monitoras explicáronlles que é reciclar, as súas vantaxes e a forma de facelo correctamente a través dunha presentación, que complementaron coa proxección dun vídeo titulado Planeta verde non camión do lixo, editado por Sogama.Para rematar o alumnado puxo en marcha os coñecementos adquiridos nunha parte máis práctica clasificando diferentes residuos no contedor correspondente. A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “é moi importante que o alumnado aprenda a importancia de reciclar xa que é un factor clave para o medio ambiente, que dende pequenos se conciencien e aporten o seu grao de area porque o destino do planeta está nas súas mans e entre todos temos que conseguir ter un mundo cada vez mais sostible”.

Exit mobile version