Site icon Crónica3.com A Mariña

UDIVAL manifesta malestar polo “plantexamento simplista e a algarabía” que ten o goberno de O Valadouro respecto ó Anteproxecto da Central Hidroeléctica Reversible do Xistral

O Valadouro, 11 de febreir, 2022. Dende UDIVAL queremos manifestar o noso malestar polo plantexamento simplista e a algarabía que ten o goberno de O Valadouro respecto ó Anteproxecto da Central Hidroeléctica Reversible do Xistral. Partindo da desinformación “oficial” que temos e rematando co descaro do noso alcalde pedindo ós veciños tranquilidade mentres non cesa de facer declaracións ós medios de comunicación nas que se posiciona claramente a favor desta macroinfraestructura.

Nós tomámonos un tempo para mirar con detalle ó anteproxecto presentado por ATALAYA GENERACIÓN e persoalmente teño que recoñecer que, a pesar da formación en enxeñaría que teño, existen moitos datos que se escapan da miña comprensión, por iso non acabo de entender como D. Edmundo Maseda con tana premura foi capaz de descifrar tanto técnico e lograr valóralo tan favorablemente, chegando incluso á conclusión de que “esta é unha opurtunidade única para O Valadouro que non deberíamos deixar escapar”. Queda claro que ou este home ten unha capacidade intelectual e de síntesis pasmosa ou que a ignorancia é moi osada( deixo a cada persoa decidir a opción que máis lle encaixe).

Para UDIVAL por encima do interés económico municipal están os intereses dos veciños e este proxecto non é unha cuestión para tomar tan á lixeira e aventurarse tan alegremente.

De pouco valdrá que a nova industria xere moitos postos de traballo a catro ou cinco anos vista se logo destrúe máis dos que van a quedar e provoca a despobación de unha parte do noso fermoso val donde actualmente vive xente xoven que apostou por seguir coa tradición familiar e conservar, actualizar e investir no sector gandeiro, sen abandoar a terra na que se criaron e , estamos seguros, intetarán mellorala para os seus fillos.
Estamos impresionados pola facilidade coa que o noso rexidor fala de: enerxía limpa e ecolóxíca (esto da ecoloxía xa nolo vendeu co proxecto dos invernadoiros e todos vemos como acabou), dos postos de traballo que se van crear (uns cincuenta según declaracións do propio alcalde e uns vinte según a empresa); da sorte que tivemos porque un proxecto de esta envergadura se desenrolo no Val; da repercusión enerxética que esto traerá para fixar empresas e sinala a Alcoa( como si esta multinacional estivese pendente da hidroeléctrica do Valadouro para decidir o seu futuro).

Lamentamos non escoitar falar da preocupación pola situación na que quedan os veciños que verán gravemente dañado o seu modo de vida, nin das casas que quedarán a unhos metros do embalse inferior e das consecuencias que, tanto os traballos de construcción como o propio embalse, terán sobre esos fogares e sobre a calidade de vida dos veciños afectados, nin dos millóns de toneladas de madeira que haberá que talar (punto recollido do anteproxecto) incluido especies de interés ecolóxico como carballos e especies autóctonas, nin dos millóns de toneladas de terra de haberá que mover incluso en zoas protexidas por Rede Natura( nas que calquera de nós vemos limitadas ó máximo as nosas actuacións pero cando chega unha empresa desta embergadura todas as limitacións esfúmanse)… Hai tantas lagoas neste anteproxecto e tantas implicacións, sobre todo a nivel humán, que un posicionamento tan marcado como o do noso alcalde, cando menos sorpréndenos.

Dende UDIVAL solicitamos que o gobernó municipal deixe de centrarse na parte económica e informe con rigor á veciñanza. COMPARTIMOS A INQUIETUDE DOS NOSOS VECIÑOS pois observar ó noso rexedor como mínimo impresiona e ata asusta. Cremos que antes de facer este tipo de declaración públicas debería coñecer e dar a coñecer minuciosamente as implicacións que unha industria desta embergadura traerá a corto, medio e largo prazo porque TODOS os residentes en Valadouro SOMOS AFECTADOS. Pedimos prudencia e recordar que para todo representantes municipal, por encima da incremento económica que suporía nas arcas municipais, debe SEMPRE primar o benestar do Val e da súa poboación.

Exit mobile version