Site icon Crónica3.com A Mariña

Ultimado o programa do Entroido de Xove

Xove, 24 de febreiro, 2022. As actividades do Entroido vanse centrar na celebración do tradicional desfile de disfraces, que se vai desenvolver o sábado 26 a partires das 17:00 horas:

-17:00 horas.- Desfile de Entroido polas rúas de Xove, con saídao do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico, coa amenización e actuación da Mekánika Rolling Band.
-20:00 horas.- Entrega de Premios, na Praza do Centro Cívico, das categorías infantís.
-22:00 horas.- Actuación, na Praza do Centro Cívico, do Grupo Musical Nueva Fuerza.
-23:30 horas.- Entrega de Premios, na Praza do Centro Cívico, das categorías adultos.
-24:000 horas.- Continuación da actuación do Grupo Nueva Fuerza.

As Bases do gran Desfile de Xove recollen as categorías e premios (4.910 €uros en metálico):

Inscricións:

-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 25 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982 592 001.
-O mesmo día do desfile no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que todos os participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile, reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

Exit mobile version