Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa perdeu a vida tras sufrir un accidente cun vehículo agrícola en Abadín

Abadín, sábado 26 Febreiro, 2022. O condutor dun tractor perdeu a vida, esta pasada noite, logo sufrir un accidente no lugar de Espiñarcao, no concello lugués de Abadín.

O sinistro tivo lugar pasados trinta minutos desta medianoite. A esa hora, o persoal sanitario comunicou ao 112 Galicia a mobilización dunha ambulancia pola caída dun tractor por un desnivel logo de sufrir unha saída de vía na estrada que une os lugares de Gontán e Estelo. Así mesmo, segundo a información recollida polos xestores de emerxencia, afirmábase que o único ocupante estaba tendido na calzada.

Desafortunadamente y a pesar dos esforzos, os servizos sanitarios desprazados tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Ao lugar dos feitos tamén acudiron tras ser informados polo 112 Galicia unha patrulla da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer as circunstancias deste suceso, aínda por esclarecer.

Exit mobile version