Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoves de Comadres no Centro Histórico de Viveiro

Viveiro, 23 de febreiro, 2022. A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro, pon en marcha estes días a campaña de Entroido facendo especial fincapé, por segundo ano consecutivo, no Xoves de Comadres.

Preténdese relanzar ese día como inicio do Entroido e animar a tódalas comadres a pasar unha noite divertida. A convocatoria do ano 2020 tivo moito éxito, que foi a última edición que se puido celebrar antes da pandemia. Este ano esperamos que tamén se animen moitas comadres a pasar unha noite de troula.

Para empezar, como é xoves non nos esquecemos da cita ineludible do Juepeo… nesta ocasión Juepeo especial Comadres cunhas super tapas para animar a todo o mundo (comadres e compadres) a comezar o Entroido en Viveiro.

E para amenizar a noite, a partir das 20:30h irán percorrendo os locais os grupos de Cantos de Taberna “Espera que vou mexar”, “Os do 21” e “Amigos do Folk” poñendo a nota musical a este inicio de entroido.

Pero a festa non acaba aí, e despois do Juepeo teremos Festa de Comadres no Pub Kopas. Á partir das 23:59h Óscar Fedez será o encargado de facer mover o esqueleto ás comadres cas súas versións en acústico. Teremos sorpresa picante e sorteo de premios cas consumicións.

A diversión na noite de comadres está garantizada.. só hai que traer o bó humor da casa, que de liala parda xa nos encargamos nós.

Dende a Asociación animamos a hosteleiros e comerciantes a que se disfracen e decoren os seus locais para dar máis alegría e diversión a estas datas. E a tódolos nosos clientes a que desfruten de Viveiro, porque como di a canción “Se te queres divertir non tes mais que vir ó entroido a Viveiro”.

Exit mobile version