Site icon Crónica3.com A Mariña

A Hostalaría da Asociación de comerciantes do Centro Histórico celebra esta fin de semana as Primeiras Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro

Viveiro, 31 de marzo, 2022. Este domingo 3 de Abril celébrase en Viveiro o Domingo das Tortillas, tradición local que se celebra sempre o domingo antes do domingo de Ramos.
Familias, grupos de amigos, veciños, dende os máis novos ata os máis lonxevos saen ó campo, á praia, reúnense nas casas, ou nos bares e restaurantes para desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa.

Nesta primeira edición sorprenderanos versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación.

Os locais que participan e as súas tapas son:

1.- Mesón O Recuncho.- “Tortilla Golden”, con cebola, queixo e mazá

2.- Restaurante Casa Pepi.- “Tortilla Nido” con grelos, xamón, gambón e patacas palla

3.- Cornelius Taberna Gastronómica .- “Flan de Tortilla” con cebola, xamón e 4 queixos

4.- Muro Restaurante.- “Tortilla de Godello, curry tostado con soda cítrica e galleta salada”.

O horario dos locais para servir as tapas será:

Venres e sábado de 13 a 16h e de 20 ata fin de existencias no caso de Casa Pepi e o Recuncho. O Domingo de 13 a 16h.

Venres, sábado e domingo de 13 a 16h e de 20:30 ata fin de existencias no caso de Muro Restaurante e Cornelius Taberna gastronómica fará o mesmo horario ca excepción de que o domingo estará pechado.

O precio das tapas será de 2,50€ e para animar ós clientes a que fagan a ruta e degusten as 4 tapas sortearemos 300€ en vales de consumición.

En cada local participante, haberá “Flyers das Xornadas” a disposición dos clientes onde poderán selar a casiña correspondente a cada tapa e ó completar as 4 poderán cubrir cos seus datos e indicar cal foi a súa tapa de tortilla favorita. Deposítase nas urnas habilitadas para a ocasión e o luns 4 de abril será o sorteo.

Que mellor xeito de recibir o mes de abril que desfrutando dunhas xornadas gastronómicas deste clásico da cociña tradicional española.

Exit mobile version