Site icon Crónica3.com A Mariña

A tapa de A Bodega gaña o XIX Concurso Gastronómico do Ourizo en San Cibrao

Cervo, 14 de marzo, 2022. Ese luns, na Casa da Cultura, tivo lugar o Concurso Gastronómico do Ourizo. Unha actividade que é a antesala da XXIX edición da Festa que terá lugar o sábado 19 de marzo en San Cibrao.

En total, os hostaleiros participantes (Buenavista, O Faro, Aquelarre, A Bodega, As Titas e Maruxaina) presentaron 11 tapas ao certame (as bases permitían presentar dúas como máximo).

O xurado estaba composto por 3 cociñeiros da Mariña: Bruno Pena, Michel Cociña e Juan Rubiños.

As tapas premiadas foron:
1º Brazo de gitano (A Bodega)
2º Cestas de salpicón (O Faro)
3º Canutillos mar y montaña (O Faro)

O 19 de marzo poderase comprobar as habilidades culinarias destes hostaleiros locais e as de O Noso Lar, que participará na Festa do Ourizo, pero non se puido presentar ao concurso gastronómico no día de hoxe.

Exit mobile version