Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta distribuíu 16,7M€ en axudas para mellorar as explotacións agrogandeiras e incorporar a un centenar de mozos ao sector na provincia

Vilalba, 7 de marzo de 2022. A Consellería do Medio Rural distribuíu na provincia de Lugo 16,7 millóns de euros en achegas destinadas a plans de mellora nas explotacións agrarias, ao desenvolvemento de pequenas explotacións e á creación de empresas por parte dun centenar de mozos e mozas que se incorporaron ao sector.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta vén de abrir unha nova convocatoria destes programas, que teñen unha gran repercusión no medio rural lucense.

Arias realizou estas declaracións nunha visita a unha explotación avícola de Vilalba rexentada por Alberto Carracedo, que recibiu axudas para o seu plan de mellora e para incorporación de mozos en anteriores convocatorias.

A última resolución destas medidas -indicou o delegado- deixou 535 axudas na provincia, 99 delas para mozos e mozas que se iniciaron na actividade agraria, 100 para a mellora de pequenas explotacións e 336 para investimentos orientados á modernización de instalacións e equipamentos.

A Terra Chá, unha das comarcas máis gandeiras de Galicia, é a principal beneficiaria, cun total de 114 expedientes de axudas e 4.355.700 euros de investimento; a continuación sitúase a comarca de Lugo, con 107 achegas e 3.476.400 euros. No sur de Lugo as comarcas de Quiroga, Terra de Lemos e Chantada suman case 2,8 millóns de euros para 76 expedientes, e tamén a de Sarria supera os 2 millóns de euros, en concreto 2,6 millóns para 83 axudas. Na Mariña as axudas suman 426.447,77 euros para 28 expedientes.

Exit mobile version