Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de de inscrición en “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” 2022

Viveiro, 16 de marzo de 2022. O programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovido polo GALP A Mariña-Ortegal, é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

A campaña está dirixida a escolares de infantil e primaria de entre 5 e 12 anos de idade dos municipios de A Mariña Lucense (O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo).

O principal obxectivo é achegar ás novas xeracións ao entorno litoral de A Mariña Lucense, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

Cada centro educativo poderá solicitar a participación de balde na campaña  que inclúe unha charla/presentación no centro, e unha xornada de actividades. Cada grupo pode escoller dúas ou tres actividades, para realizar ao longo dunha xornada. O número de participantes por cada centro limitarase a 50 escolares, ampliable dependendo da dispoñibilidade de prazas.

Prazo de inscrición: ata o 19 de abril de 2022

As actividades realizaránse do 19 de abril ata o 22 de xuño de 2022

As diferentes actividades que poden realizar os centros educativos son:

Obradoiro de limpeza de praias
Roteiro ornitolóxico de observación de aves
Obradoiro de especies invasoras
Roteiro interpretativo da Ría
Roteiro interpretativo intermareal
Museo Provincial do Mar
Carpintería de Ribeira
Redeiras Cabo Burela
Peixería O Almacén do Peixe
Lonxa de Burela
Barco Museo Reina del Carmen
Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo
Kaiak e Surf

Exit mobile version