Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo formalizou a súa adhesión á Confederación de Centros históricos de España

Ribadeo, 12 de marzo de 2022. Acisa Ribadeo entregou o seu galardón honorifico a María Josefa Pena Chairo, de Mercería Vizcaya, tras a súa xubilación, e formalizou a súa adhesión á COCAHI (Confederación de Centros históricos de España). O acto celebrouse no salón de plenos do Concello.

O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, na súa intervención subliñou que “María Josefa Peña Llano, recién jubilada de Mercería Vizcaya, representa los valores más profundos y tradicionales de esta asociación, su apuesta por la calidad comercial, el servicio al cliente… esas tradiciones de los pequeños comercios de nuestro pueblo, del ya me pagarás, del cámbialo sin problema todas esas buenas costumbres que hoy están desapareciendo. María Josefa ha sido una socia ejemplar, que siempre ha confiado en el trabajo de Acisa con una visión crítica y constructiva, siempre con el respeto y el ánimo de contribuir para que podamos mejorar. Sin duda, con su jubilación, Acisa y Ribadeo han perdido uno de esos negocios de toda la vida, que imprimen personalidad y calidad al comercio local”.

Iriarte Quintana tivo tamén palabras de agradecemento para todos os membros da directiva actual e a xerencia. Ademais puxo en valor os obxectivos alcanzados nestes catro anos de mandato: “hemos trabajado en lo que nos habíamos comprometido con nuestros socios y socias y gracias a ello hemos conseguido hitos como el accésit de comercio interior o la adhesión a la COCAHI, hechos que redundan en la repercusión nacional de la marca Ribadeo”.

O presidente do empresariado ribadense sinalou que “la adhesión que hoy formalizamos aquí, con la Confederación de Centros Históricos de España, es un paso de gigante para Acisa. Esta incorporación nos sitúa junto con las principales asociaciones del país, poniéndonos al mismo nivel que las grandes ciudades de España. Pero no se trata solo de esto, sino también de las oportunidades que nos generará, como el acceso a ayudas o instituciones a las que antes sería impensable acceder. Por eso quiero agradecer al presidente de COCAHI y a la junta directiva por aceptarnos como miembros de su organización”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, fixo un breve balance do traballo realizado neste tempo: “aunque los últimos años no han sido precisamente fáciles, desde Acisa Ribadeo tratamos de estar a la altura de las circunstancias, manteniendo viva y activa nuestra entidad, ofreciendo los mejores servicios a nuestros asociados. Estoy seguro de que cometimos errores, pero creo y déjenme que hubo muchos más aciertos que errores. Este hecho, en mi opinión, se acreditó el pasado año con el accésit de los premios nacionales de comercio interior recibido por nuestra asociación. Como gerente de Acisa y con el permiso de la junta directiva, quiero compartir este premio con todos y cada uno de los integrantes de esta importante mención, así como con las administraciones, que con su colaboración hacen posible nuestro trabajo”.

E engadiu: “hablamos de un periodo de 5 años, en los que esta entidad gestionó cerca de 1 millón de euros y logró generar unos 30 millones de euros en la economía local, se realizaron más de 250 actividades, colaboramos con más de 60 eventos y se firmaron más de 30 convenios ventajosos para nuestros socios y socios. Fue un período en el que se pasamos de 130 miembros a cerca de 170. Y un periodo en el que trabajamos y conseguimos dejar a la asociación en una situación económica completamente saneada, pasamos de un déficit de 30.000 euros a un superávit de 5.000 euros”.

Durante o acto, a COCAHI entregou un diploma acreditativo tanto a Acisa como ao Concello de Ribadeo. No evento interviñeron Pablo Vizoso, concelleiro de Turismo e Comercio; Roberto García, deputado provincial responsable da área de Participación Cidadá, e José Manuel Belo, presidente da COCAHI. Tamén asistiron o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Gerardo Criado, membros da directiva de Acisa, e da COCAHI, da FCAM, concelleiras do PSOE e do PP no Concello ribadense e familiares da galardoada María Josefa Pena.

Desde Acisa agradecen ao Concello de Ribadeo “la cesión del salón de plenos para la celebración de este bonito e importante acto”.

A Deputación celebra a adhesión de ACISA Ribadeo á Confederación Española de Cascos Históricos

A Deputación de Lugo acompañou á Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo no acto de adhesión deste colectivo á Confederación Española de Cascos Históricos (COCAHI), da que xa forman parte máis de medio cento de agrupacións de todo o territorio nacional. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García, participou no acto, que tivo lugar este sábado no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo.

García destacou o traballo da agrupación local e recordou que a institución provincial traballa para “visibilizar e recoñecer o talento e o traballo que desenvolvedes os empresarios e empresarias na provincia de Lugo para facela medrar. Esta adhesión de ACISA a COCAHI demostra que na provincia de Lugo estamos no camiño correcto e este paso, seguro, axudará a coñecer novas formas de traballar e obter resultados positivos. Manter a propia identidade e participar en asociacións de ámbito xeográfico maior son sen dúbida accións complementarias, que se reforzan”.

“O apoio ó comercio local, de proximidade, é unha cuestión fundamental para a Deputación. Un comercio que ofrece calidade e atención personalizada, que dá vida e que mantén a identidade dos nosos barrios e das nosas vilas e cidades, e un comercio que crea riqueza e emprego”, destacou o Deputado.

Deste xeito, Roberto García Pernas subliñou que a Deputación mantén unha liña de colaboración permanente co sector, que reforzou coa chegada da pandemia a través do Plan de Impulso da Economía da Provincia, con programas como o Coñece a túa provincia, que ofrece a asociacións viaxes gratuítas polos concellos, o que contribúe a dinamizar o comercio e a hostalería; ou o programa Saborea a túa provincia, que consiste en xornadas gastronómicas e de lecer. Destacou tamén os Bonos Impulso, que chegaron a mobilizar 1,5M€ no comercio de proximidade e na hostalería, ou proxectos como Reiníciate: Dixitaliza a túa empresa, que está axudando a pemes e autónomos, 52 deles da comarca da Mariña, a aproveitar as oportunidades das novas tecnoloxías para mellorar o seu negocio”.

Exit mobile version