Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 11 de maio os estudantes de Alfoz poden informarse e tramitar de xeito gratuíto as becas para o vindeiro curso

Alfoz, 31 de marzo, 2022. Ata o 11 de maio os estudantes de Alfoz poden informarse e tramitar de xeito gratuíto as becas para o vindeiro curso. É necesario pedir cita previa no teléfono 982 558 001 (ext.2). No mesmo teléfono atenderase tamén calquera dúbida ao respecto.

O Concello de Alfoz, ofrece este servizo ao alumnado de Alfoz desde hai 3 cursos, xunto as tramitacións de tarxetas de bus ou as propias becas de transporte municipais para os estudantes. Consideramos que é fundamental axudar e informar ás familias, sobre todo nos casos en que pasan de Educación Secundaria a estudos de BAC e FP e universidade e facilitar o máximo posible todos os trámites para facilitar o acceso á educación postobrigatoria.

Este ano, o Ministerio de Educación, adianta as datas do proceso que habitualmente se realizaba nos meses de setembro e outubro.

O alumnado que non teña solicitado beca antes do 12 de maio non poderá acceder a estas axudas para o curso 22-23.

Exit mobile version