Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela sumouse este mércores á inicitiva da Fegamp e Femp secundando un acto en solidaridade co pobo ucraíno

Este mércores tivo lugar unha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas do Concello na que participaron veciños, veciñas, funcionari@s, o alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Servizos Sociais, Igualdade e Festexos, Carmela López, Noelia Mª Ben e Toñi Eijo, entre outros. Deste xeito, o Concello de Burela quixo trasladar “o noso apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína”.

Exit mobile version