Site icon Crónica3.com A Mariña

Cóntallo ti a Míriam Bermúdez en Landrove

Viveiro, 27 de marzo, 2022. Este martes 29, estará no café-bar-alimentación María Esther, en Landrove, a partires das 19h para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que as veciñas e veciños queirades trasladarnos ao BNG e á nosa concelleira Míriam Bermúdez.

Cos encontros “Cóntallo ti”, cos que xa levan anos visitando as parroquias do concello, potencian a voz da veciñanza trasladando e defendendo as súas demandas no pleno municipal, lugar onde se ven demostrando desde o comezo a defensa nos intereses das veciñas e veciños de Viveiro, moi lexos dos intereses particulares que demostran outras formacións.

Exit mobile version