Site icon Crónica3.com A Mariña

Córdoba 5-1 Pescados Rubén

Burela, 12 de marzo, 2022. O Vista Alegre cordobés tampouco foi talismán para un Pescados Rubén Burela que caeu derrotado por 5-1 ante un Córdoba Futsal que remontou o encontro nunha segunda parte grazas a un momento de máxima eficacia que dinamitou o partido.

Comezou o partido con moita intensidade por ambas as escuadras que non lograban atopar o tempo que mellor lles conviña e con imprecisións que impedían coller ritmo de xogo. A escuadra burelista puxo a proba ao meta local pero Cristian logrou repeler as ocasións laranxas. Co paso dos minutos o Córdoba Futsal non lograba estar cómodo no partido xa que os burelistas exerceron unha boa presión e por mediación de Quintela lograron adiantarse no marcador, minuto 14. O Burela mereceu o 0-1 que non chegou con anterioridade grazas ao bo labor de Cristian na portería cordobesa pero a reacción andaluza non tardou en chegar. Saura empatou un duelo tenso e intenso no minuto 16 de xogo e no tramo final do primeiro período ambos conxuntos intercambiaron ocasións que non frutificaron.

Co empate chegouse ao descanso e na segunda parte mantívose a tónica nos primeiros compases ata que un disparo afortunado de Perin, minuto 27, desequilibrou o marcador (2-1) e o ánimo de ambos equipos. A remontada impulsou aos califales e tras varias acometidas chegou o momento que sentenciou o encontro. Corría o minuto 31 en Vista Alegre cando os cordobeses asestaron un dobre mazazo á nave burelista co 3-1 e 4-1 marcados por Zequi e Alex Viana, respectivamente. Con este buraco no marcador o equipo burelista buscou a reacción co xogo de cinco que resultou infrutuoso e Caio asestou o golpe definitivo desde propia pista para selar o 5-1 final a un Pescados Rubén Burela que pelexou ata o final.

Ficha técnica
Córdoba Futsal: Cristian, Shimizu, Del Moral, Caio, Perin –cinco inicial- Jesulito, Alex Viana, Saura, Miguelín, Zequi e Ricardo.
Pescados Rubén Burela: Kaluza, Alex Diz, Wanderson, Pitero, David Pazos –cinco inicial- Nito, Loito, Iago Míguez, Shunta, Isma e Quintela.
Goles: 0-1, m.14, Quintela; 1-1, m.16, Saura; 2-1, m.27, Perin; 3-1, m.31, Zequi; 4-1, m.31, Alex Viana; 5-1, m.34, Caio.
Árbitros: Moreno Durán e Moreno Reina. Colexio andaluz. Cartón amarelo para Alex Viana e Ricardo nos locais e a Shunta no conxunto visitante.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Vista Alegre de Córdoba.

Exit mobile version