Site icon Crónica3.com A Mariña

Creada en Ribadeo unha plataforma para continuar coas concentracións e actos pola paz

Ribadeo, 23 de marzo, 2022. O pasado día 17 de marzo celebrouse a terceira concentración de veciños e veciñas de Ribadeo para manifestarse contra a invasión de Ucranía polos exercitos rusos, contra as guerras en xeral e pola paz mundial. A este acto asistiron un cento persoas. O día 18, venres celebrouse unha xuntanza na Casa do Mar á que asistiron 13 persoas, que estiveron de acordo en manter unha plataforma ou grupo de traballo para seguir organizando estas concentracións todos os xoves, ás oito da tarde, mentres se manteña a guerra e haxa un grupo de persoas que o desexen.

Os obxectivos serán os mesmos anunciados anteriormente. Tal como se comentou nas concentracións, o grupo fixo xestións para organizar charlas coloquio sobre estes temas e a gravísima situación mundial derivada de esta e outras guerras e das tensións entre as grandes potencias. A primeira charla terá lugar o día 30 de Marzo ás oito da tarde no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo e será ofrecida por Lourenzo Fernandez Prieto (Tito) catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, recentemente elexido membro da Real Academia Galega. Lémbrase que a próxima concentración terá lugar o xoves, 24 de marzo, ás oito do serán enfronte do concello de Ribadeo.

Exit mobile version