Site icon Crónica3.com A Mariña

Día do libro infantil na Librería Bahía de Foz

Este sábado 2 de abril celébrase o día do libro infantil, coincidindo có aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor danés ben coñecido por todo o público polos seus inmortais contos. Para conmemorar esta data, na librería Bahía celebraran un contacontos acompañado dun obradoiro plástico titulado La invasión de los pulgones, a cargo da autora e ilustradora Nelo Polichi. Será o mesmo sábado ás 12 da mañá na librería. É unha actiividade gratuita e aberta para todas as nenas e nenos que queiran participar.

Exit mobile version