Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo 27 de marzo, a agrupación musical lucense, Lucus Ensemble, ofrecerá o concerto «Notas Femininas» no que repasará o papel da muller na historia da música

A concellería de igualdade do Concello de Barreiros pecha así o ciclo de actos organizados este mes de marzo adicados á muller dentro do programa “Barreiros con M de Mulleres”. A actuación terá lugar ás 19.00 horas nos colexios vellos de San Miguel con entrada libre e ata completar aforo.

Exit mobile version