Site icon Crónica3.com A Mariña

Loureiro visita o centro que a asociación Salud Mental A Mariña abrirá en Viveiro

Viveiro, 4 de marzo de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, visitou hoxe o centro que a asociación Salud Mental A Mariña vai abrir no concello. Durante a visita ás súas instalacións estivo acompañada pola directora técnica da asociación, María José Novoa.

Trátase dun centro destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, no que se prevé ocupar de forma paulatina as vintes prazas asignadas.

Dende o goberno municipal valórase moi positivamente a apertura deste novo centro, “ao que dende o concello se lle vai brindar o apoio necesario e colaboración económica para o importante labor que leva a cabo”, sostén a alcaldesa.

Por parte do concello xa se ten coñecemento e constancia do gran traballo desenvolto tanto na residencia de Cervo, na que hai veciños e veciñas de Viveiro, como no resto de centros existentes na Mariña lucense, polo que resulta moi importante que nun concello como Viveiro, o de maior poboación da comarca, poida contar con estas instalacións.

Exit mobile version