Site icon Crónica3.com A Mariña

Maite Ferreiro remarca o carácter reivindicativo do 8 de marzo

Lugo, 8 de marzo de 2022. A deputada do BNG e vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro remarcou o carácter reivindicativo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadores, sumándose á manifestación convocada pola CIG este mediodía en Lugo, co foco posto na desigualdade e na precariedade dos traballos nos sectores máis feminizados.

Maite Ferreiro sostivo que o 8 de marzo é unha xornada para poñerse a carón das mulleres traballadoras e do movemento feminista e facer visíbeis as súas demandas de igualdade e non discriminación. “Os datos amosan que somos as mulleres que asumimos maioritariamente as consecuencias da crise da Covid, en perda de empregos, en contratos parciais e en precariedade laboral e salarial, que segue a ser maior nos empregos ocupados por mulleres. Os coidados seguen recaendo nas mulleres, facendo que á hora da xubilación cobremos as pensións mais baixas. Precisamos lexislación e orzamentos para lograr uns servizos públicos de calidade. Non temos moito que celebrar, e sí moito que reivindicar. Estamos aínda moi lonxe da igualdade real”, concluíu.

Exit mobile version