Site icon Crónica3.com A Mariña

María Fernández e Rosa Rego, novas responsábeis locais do BNG na Fonsagrada

A Fonsagrada, 19 de marzo 2022. O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada elixiu a través dun proceso democrático, participativo e asembleario a nova responsabilidade local da fronte nacionalista.

Como froito deste proceso de renovación, a militancia decidiu pór a dúas mulleres á fronte do BNG na Fonsagrada, María A. Fernández e Rosa Rego.

Esta responsabilidade compartida desenvólvese para mellorar o traballo político e social nun dos concellos máis extensos de Galiza. Deste xeito, poderase chegar e afrontar as problemáticas e circunstancias cunha mellor comunicación coa veciñanza.

María Fernández sinalou os obxectivos que se marca nesta nova etapa “daremos o mellor de nós para reforzar e ampliar o proxecto nacionalista na Fonsagrada, aumentar a súa capacidade organizativa e social”.

De igual xeito, Rosa Rego declarou como encaran esta nova encomenda “afrontamos as dúas esta responsabilidade con ilusión e con moito traballo para acadar o mellor para A Fonsagrada, imos afianzar o BNG como a referencia do traballo coherente e rigoroso para mellorar a vida da nosa veciñanza”.

As novas responsábeis locais e a asemblea local agradeceron o traballo desenvolto por Xosé M. Campos.

Exit mobile version