Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo celebra o domingo a Festa da árbore e o musical Generación Sésamo

Mondoñedo, 21 de marzo, 2022. A partir das 12:00h da mañá na Alameda de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con xogos infantís a cargo da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo con Raúl á fronte.

Arredor das 13:30h plantarase a árbore na Alameda, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a tarde estarán expostos os debuxos participantes no “X Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

Este ano, as actividades da Festa da Árbore comezan xa o día anterior, o sábado 26 ás 18:00h no Auditorio mindoniense, coa ESTREA en Galicia de “GENERACIÓN SÉSAMO EL MUSICAL”, un espectáculo para disfrutar nen@s e maiores. Aínda quedan entradas á venda na Oficina de Turismo de Mondoñedo e na plataforma https://www.woutick.es/evento/22421/entradas-generacion-sesamo-el-musical-en-mondonedo

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Exit mobile version