Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG da Fonsagrada propón mellorar o albergue público Casa Pasarín

A Fonsagrada, 07 de marzo de 2022. O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada trasladará no pleno unha proposta para dotar de máis recursos ao albergue público “Casa Pasarín”, en concreto un servizo de lavandería.

Na actualidade, esta instalación pública dependente da Xunta de Galiza non conta con ningún servizo de lavandería para que as persoas que se hospedan, só contan cun lavadoiro a man e un tendal.

A concelleira do BNG, Nenoso Ortiz, sinalou que a falta deste servizo dificulta ás persoas usuarias “hai que ter en conta a climatoloxía da Fonsagrada non permite que a roupa ou os aparellos lavados a man enxuguen nunhas poucas horas, por isto é necesario”

Nenoso Ortiz destacou que manter o albergue público actualizado e con servizos é unha garantía para que esta instalación non quede en desuso “a Casa Pasarín é un edificio emblemático da Fonsagrada que coa posta en marcha deste albergue mantense en pé e supuxo unha aposta para recoñecer e consolidar o Camiño Primitivo” declarou a concelleira.

Neste senso, Nenoso Ortiz fixo fincapé que contar cun bo funcionamento do servizo público supón garantir a calidade da hostalaría local “garantir a mesma calidade do servizo público co privado é fundamental para consolidar o traballo de ámbolos, e así consolidar o futuro patrimonial e económico como é o Camiño de Santiago”

Porén, o BNG demanda solicitar á Sociedade de Xestión do Xacobeo da Xunta de Galiza a instalación deste servizo.

Exit mobile version