Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta alegacións ao documento inicial de avaliación ambiental da central hidroeléctrica Xistral e pide a súa retirada definitiva

A Mariña, 9 de marzo de 2022. O BNG vén de presentar alegacións ao documento inicial de avaliación ambiental da central hidroeléctrica reversible “Xistral” de 936MWE, situada nos términos municipais de O Valadouro, Alfoz, Cervo, Xove e Ourol.

Nos últimos meses están aparecendo na Galiza numerosos proxectos enerxéticos, novos proxectos diarios en todos os puntos da nosa xeografía que amosan unha grave falta de planificación enerxética neste eido, dándose graves irregularidades con proxectos sobre espazos protexidos, a escasos metros de vivendas, con invasión de zonas de especial protección, ou dándose fragmentacións fraudulentas dos múltiples proxectos existentes. E este é tamén o caso da hidroeléctrica do Xistral que se pretende situar nunha zona que conta co maior número de parques eólicos do país, concretamente dez parques. Así, a toda esta infraestrutura enerxética existente engádese agora este proxecto que constituiría o maior complexo hidráulico de Galiza, o que contribuiría a unha forte degradación da zona.

Desde o BNG afirman que todos estes proxectos enerxéticos non se corresponden coa realidade ou coa necesidade da zona e da comarca nin teñen un retorno social para a mesma, polo que a única finalidade será exportar a enerxía para fóra deixando todo o impacto ambiental na zona proxectada supoñendo unha perda significativa de superficie natural e a derioración dos valores ambientais.

Afeccións medioambientais, patrimoniais e culturais, económicas e sociais
Nas alegacións, o BNG incide nas afeccións medioambientais, patrimoniais e culturais e nas afeccións económicas e sociais nunha zona agrongandeira como é O Valadouro e piden o rexeitamento do proxecto pola súa incompatibilidade coa lexislación vixente que preserva entre outras a protección da ZEC do Xistral e a protección do o Río Ouro, declarado como LIC. Pídese polo tanto a nulidade do proxecto por non cumprir a normativa sobre os espazos protexidos.

O prezo da enerxía vén de acadar máximos históricos esta semana mentras as hidroeléctricas rexistran benefícios millonarios.

Os nacionalistas sinalan tamén que o tema enerxético e a necesidade de enerxía para a industria foi e é usado tamén en moitos casos como condicionante por gobernos e por determinados partidos políticos e empresas para implantar proxectos que en moitos casos só tenen fins lucrativos, moitas veces especulativos e poucas veces redundan en beneficio para a sociedade coma no caso da electricidade, pois o prezo da mesma para as galegas e galegos e mariñás e mariñaos non se ve reducido por moita enerxia que se produza aquí.

E sinalan tamén que esta situación, lonxe de ter unha solución ainda se agrava mais, máxime nestes días que o prezo da luz vén de alcanzar un novo máximo de récord e as hidroeléctricas venen de rexistrar beneficios millonarios.

Exit mobile version