Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz aclara que a documentación sobre a central hidroeléctrica foi entregada en prazo

Alfoz, 5 de marzo, 2022. A documentación enviada desde o Concello de Alfoz, informe técnico municipal e documento presentado pola “Plataforma de afectados pola macrocentral hidroeléctrica do Xistral” foi recibida no Ministerio de Transición Ecolóxica e incorporado ao expediente correspondente.

O Concello afirma que o prazo final para a entrega de documentación é o día 9 deste mes de marzo, cousa que a Plataforma sabe perfectamente, pois é o prazo que barallan para enviar as alegacións que están a recoller.

O Concello non vai entrar en polémicas innecesarias e crear crispación na poboación, pero tampouco vai permitir que se faigan acusacións graves e infundadas ao respecto.

Exit mobile version