Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo fai un agasallo ás súas traballadoras polo 8M

O Concello de Cervo conmemora este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, regalándolle a todas as traballadoras municipais unhas bolsas pintadas a man polas usuarias e usuarios da Asociación Saúde Mental A Mariña. Con este agasallo, preténdese facer un pequeno recoñecemento á gran labor que as mulleres que traballan na administración local desempeñan no seu día a día. Ao longo da xornada entregáronselles estas bolsas ás 55 traballadoras que forman parte do plantel municipal, polos diferentes departamentos do Concello.

Exit mobile version