Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro demándalle á Axencia galega de infraestruturas traballos de repintado na sinalizacion de varias rúas de titularidade autónomica

Viveiro, 25 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Obras, solicitoulle á Axencia Galega de Infraestruturas a realización de diversos traballos de repintado na sinalización horizontal das rúas Travesía da Mariña, Avenida de Galicia e Avenida de Navia Castrillón por tratarse de viais de titularidade autonómica.

A sinalización horizontal dalgúns tramos destas estradas atopábase bastante borrosa, polo que podería provocar algún incidente innecesario e, por ese motivo, solicitouse a realización das tarefas de repintado de liñas laterais, centrais ou pasos de cebra.

Dende o goberno municipal solicítase desculpas polas molestias que estes traballos puideron ocasionar, indicando que se solicitará á AXI que en vindeiras ocasións se informe previamente das datas e horarios nos que se realizarán as actuacións, co fin de coordinar e evitar na medida do posible que estes traballos afecten á circulación en horas puntas.

Exit mobile version