Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello felicita ao Club de Piragüismo Viveiro Urban tras lograr dúas medallas no campionato nacional

Viveiro, 22 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación ao Club de Piragüismo Viveiro Urban polos éxitos da súa participación no Campionato de España de Fondo de 5.000 metros celebrado en Sevilla a pasada fin de semana.

“Os grandes resultados deste equipo de piragüismo súmanse aos logros dos deportistas viveirenses noutras disciplinas, exemplificando o talento deportivo da nosa vila”, sinala César Iglesias, concelleiro de Deportes de Viveiro.

Entre os éxitos do equipo viveirense destacan as medallas de prata e bronce dos irmáns Kiko e Alberto Pigueiras na categoría master, de 40 a 44 anos. Ademais, a súa actuación permitiu que entrasen na clasificación senior da proba, onde remataron en 40ª e 59ª posición.

Cómpre tamén destacar a actuación de Manuel Carreja, quen lograba a 8ª praza na categoría master de 35 a 39 anos. Doutra banda, Vanesa Vizoso rematou en 14ª posición na categoría master de 40 a 45 anos. Por último, os deportistas Roque Basanta, Lorenzo y Noé Fernández non lograron superar a fase clasificatoria.

“Dende o Concello de Viveiro mostramos o noso apoio aos deportistas do municipio, así como os clubs, polo importante labor que realizan en prol de promocionar o deporte e a saúde”, finaliza María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Exit mobile version