Ante este anuncio, o popular esíxelle explicacións ao goberno municipal sobre este proxecto para dar a coñecer aos veciños “as accións e medidas concretas que ten previsto levar a cabo” de cara ao impulso de iniciativas empresariais no municipio.
Regueiro dubida que o goberno local logre impulsar iniciativas empresariais nese espazo tal e como o anunciaron porque “se lles da moi ben anunciar, pero non fan o que prometen”, condena. Nese sentido, pon como exemplos de proxectos aínda sen executar ao cuartel da Garda Civil, a estrada de Navia ou o Museo de Forges.
Museo de Forges
O popular lembra, en relación a este último, que “o goberno local anunciou a creación dun museo na memoria do debuxante e humorista con raíces fonsagradinas na antiga Casa do Concello; pero máis de tres anos despois aínda non está en funcionamento”.
Os populares amosan tamén a súa preocupación polo estado no que se atopa o material doado pola familia de Forges e que recibiu o Concello a finais do 2018”.