Dende o PP consideran, a este respecto, “inxustificable” que “por non cumprir, nin cumpren o convenio de 2012 que, por certo, está obsoleto”, afirman. E é que, engaden, “a precariedade á que están sometidas chega a tal punto que nin se lles paga a quilometraxe, nin a suba do IPC e tampouco as horas que fan de máis”. Por iso, os populares apoian ás afectadas na súa reivindicación de que non se privatice o servizo e a concesión sexa do Concello.
O goberno local “cómplice”
Os populares lamentan “a incertidume” na que están inmersas estas profesionais e acusan ao goberno local de “pasotismo e de ser cómplice desta mala xestión”. Por este motivo, reclaman publicamente aos dirixentes do Concello que “dean a cara e, sobre todo, deixen de crear problemas”.
“Estas profesionais fan un traballo esencial, que redunda no benestar daqueles veciños que máis o precisan. O que non é de recibo é telas nestas condicións”, manifestan.