Site icon Crónica3.com A Mariña

Os hortos urbanos de Burela estarán situados nunha finca da Avenida de Arcadio Pardiñas

Burela, 18 de marzo de 2022. Os hortos urbanos de Burela estarán situados nunha finca da Avenida de Arcadio Pardiñas. Haberá 42 de trinta metros cadrados cada un deles, segundo informou hoxe o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor dixo que “para os hortos urbanos de Burela vaise establecer xa un principio de utilización a partir da semana que vén. É nunha finca situada na Avenida de Arcadio Pardiñas, nunha zona guapa, un terreo moi grande, de máis de 2.000 metros cadrados, e vamos organizar para crear polo menos 42 hortas de 30 metros cadrados cada unha delas. Agora mesmo hai unha demanda de 36 persoas, pero penso que unha vez que empece a funcionar vaise demandar máis. Pero en principio vanse preparar 42”.

Llano explicou que “para falar de que tipo de plantacións se poden facer e como e cando corresponde realizalas vamos ter unha xornada informativa que vai ser o xoves 24 no salón de plenos do Concello de Burela ás 19:30 horas. Entón aí daranse unhas pautas e unha información clara por xente experta. Tamén ese día iremos visitar onde están as hortas para que a xente xa se poida familiarizar coa súa e estableceremos un criterio para que cada un poida elixir”.

O alcalde de Burela engadiu: “estou satisfeito de ver que xa vai collendo cor e cando se inaugure vamos invitar á Universidade de Santiago, que están tamén metida neste proxecto, e faremos un acto simbólico e desde logo motivador para que a xente vexa claramente que a través das hortas urbanas poden establecer un vínculo moi guapo coa natureza”.

Exit mobile version