Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Mondoñedo advirten que a Casa Cunqueiro estivo pechada durante máis de dous meses

Mondoñedo, 2 de Marzo de 2022. O Grupo Socialista de Mondoñedo interpelou ao Goberno Local, na pasada sesión plenaria, sobre o peche da Casa de Cunqueiro, a axuda económica á Asociación Edad Dorada Mensajeros de La Paz e o cumprimento da sentencia do Castro da Trinidade.

No que se refire á Casa de Cunqueiro, constatamos que este Museo estivo pechado durante mais de dous meses. Concretamente dende mediados do mes de decembro de 2021, e esta mesma semana volveu a abrir as súas portas despois de estar pechado durante tódolos festivos de Nadal e Reis, ata hoxe.

Axuda de 10.000 euros para o Asilo
O Grupo Socialista tamén preguntou ao Equipo de Goberno pola solicitude de axuda económica por parte da Asociación Edad Dorada Mensajeros de La Paz en referencia á Residencia para Maiores e Centro de Dia San Rafael, xa que pediu axuda ao concello de Mondoñedo para financiar gasto corrente e consumos ocasionados pola COVID-19. Segundo sinalan no decreto da Alcaldía “víronse obrigados a pechar o Centro de Dia, o que supuxo unha perda de ingresos, mantendo igualmente o emprego”. Segundo nos avanzaron desde o Concello concedeuse unha axuda económica de 10.000 euros das arcas municipais para este fin.

Castro da Trinidade
E no que se refire á sentencia do Castro da Trinidade, que foi ditada polo xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Lugo e coa que se condena ao concello de Mondoñedo a realizar todo o necesario para excluír do catálogo de elementos culturais do PXOM de Mondoñedo ao citado Castro da Trinidade. Interpelamos ao Concello para saber cal vai ser o procedemento a seguir neste asunto. Sinalan que teñen que cumprir a sentencia, e que se guiaran polo que marquen os servicios xurídicos.

Exit mobile version