Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira reunión do novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Fran Cajoto e a Executiva Local.

Foz, 13 de marzo, 2022. A recentemente elixida Comisión Executiva Local do PSOE de Foz, con Fran Cajoto como Secretario Xeral á fronte celebrou esta fin de semana a súa primeira reunión.

Esta reunión serviu para planificar as futuras actuacións e marcar uns obxectivos de traballo interno que permitan revalidar a confianza outorgada polos veciños e veciñas cando cheguen as próximas eleccións municipais.

Un dos acordos tomados é abrir a Casa do Pobo, sede local do partido, como mínimo todos os mércores de 18:30 a 20:30 para que os focenses sintan ao PSOE como unha organización moderna, participativa, aberta á sociedade e que saiban que somos unha ferramenta á que poden acudir para solventar as súas necesidades. Calquera veciño ou veciña pode achegarse para participar ou trasladar as súas inquedanzas.

A nova Executiva Socialista confórmaa un equipo comprometido con Foz que, escoitando sempre á rúa e en contacto cos cidadáns, vai traballar conxuntamente co Grupo Municipal Socialista e o Alcalde para continuar mellorando o pobo e a calidade de vida da veciñanza.

Desde o PSdeG-PSOE de Foz estamos moi preocupados coa suba de prezos a consecuencia da guerra, polo que agardamos que as xestións do Goberno Central e o Presidente do Goberno Pedro Sánchez teñan éxito e Europa aprobe, con urxencia, as tan necesarias medidas que permitan desligar o prezo da electricidade do prezo que ten o gas.

Exit mobile version