Site icon Crónica3.com A Mariña

Quique Guerra será o homenaxeado na 7ª Semana das Artes

A Mariña, 16 de marzo, 2022. O dia 21 ás 12 da mañá, terá lugar o acto de presentación da 7ª Edición da Semana das Artes que terá lugar na Sala de exposición do Complexo de Sargadelos no concello de Cervo.

Están invitadas a compartir dito acto, tódalas entidades colaboradoras : Xunta de Galicia Cultura e Política Lingüística), Deputación de Lugo na súa área de Cultura, Mancomunidade da Mariña e os Concellos de Cervo e Foz.

Contaremos coa presenza así mesmo da familia de Quique Guerra, artista veciño de Cervo a quen se lle rende a homenaxe desta 7ª edición. Farase a presentación do cartel e os pormenores do desenvolvemento das actividades iniciadas no mes de Xaneiro e que abarcarán ate o 17 de Xuño inclusive.

Exit mobile version