Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria traballada nun derbi trepidante co Pescamar. 3-2

Burela, 26 de marzo, 2022. O Pescados Rubén Burela Feminino álzase coa vitoria despois dunha remontada nun partido trepidante ao Poio Pescamar FS. Segue demostrando o seu poderío e peso na liga despois deste resultado de 3-2. Debido ao que non era un partido calquera, xa que se trataba dun derbi irmandiño, os dous equipos saíron con moitísima intensidade demostrando que querían levar os tres puntos.

Tanta era a intensidade que Dani de Sousa abriu o marcador no minuto 2 de partido, tras unha perda atrás en defensa o conxunto laranxa. Durante os próximos minutos, o Burela tentaba buscar o empate con múltiples ocasións. Con todo, no minuto 7 de partido, volve anotar Dani Sousa para poñer o 0-2 no marcador, despois doutro barullo defensivo.

Ás guerreiras ir por detrás do marcador por dobre partida non lles afectou e desde ese momento estivo a buscar a portería rival en aras a reducir a vantaxe. O Poio estaba ben plantado en defensa, e co Burela moi envorcado arriba, tivo as súas ocasións para ampliar a súa vantaxe. O final do segundo tempo resúmese na procura do gol, ata o punto de que Emilly cun zapatazo atopouse co traveseiro. Finalizou a primeira con esa vantaxe do equipo visitante e coas locais tentando reducir distancias.

Comezou a segunda parte coa mesma intensidade, tendo no primeiro minuto unha dobre ocasión clara. No transcurso dos primeiros minutos o Burela segue apertando, coa afección apoiando desde as bancadas. As ocasións por parte das guerreiras chegaban sen descanso e non cedían nin un momento. Xuntaron moitas chegadas á área que non acababan en gol, e Emilly volveu ter outro disparo, nesta ocasión, ao pau. Pasado o ecuador da segunda parte, o Burela empeza co xogo de cinco, e con Vista Alegre motivada, seguían xerando ocasións ata chegar ao minuto 34 onde Irene Samper reduce distancias. Os últimos minutos do encontro foron frenéticos, co Burela na área rival buscando igualar o encontro. No último minuto de partido, Ale de Paz consegue empatar o encontro 2-2 coas bancadas vibrando. Non ía ser a última boa noticia para as guerreiras, pois faltando apenas uns segundos, o equipo local con heroicidade remonta o partido poñendo o definitivo 3-2, novamente con Ale de Paz de protagonista.

Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Sandra, Dany, Ale de Paz, M.Cortés, Irene Samper–cinco inicial- Jozi Oliveira, Cilene, Jenny, Lara Balseiro, Elenita, Bea Mateos, Elena Aragón e Emilly.
Poio Pescamar FS: Caridade, Luci, Ana Rivera, Dani Sousa, Irene-Cinco Inicial- Angela, Luísa, Dupuy, Martita, Agostina, Lucía Paz.
Goles: Min 2: 0-1 Dani Sousa, Min 7 : 0-2 Dani Sousa, Min 34: Irene Samper 1-2 ; Min 39: Ale de Paz 2-2 ; Min 39:40 Ale de Paz 3-2.
Equipo Arbitral: Amor Vizoso, Darriba Villamor-Figueroa Veiga, Dous Santos Mon. Cartón amarelo a Luci do Poio Pescamar FS.
Incidencias: Partido aprazado correspondente á xornada 17 de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.

Exit mobile version