Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove paraliza a recollida de alimentos e materiais de primeira necesidade destinados a Ucraína

Xove, 9 de marzo, 2022. O pobo galego reaccionou cunha enorme solidaridade con Ucraína, o que está a producir unha serie de dificultades de loxística, de almacenaxe e transporte, debido á gran cantidade de produtos alimentarios e de primeira necesidade recollidos.

Debido ao anterior, dende a FEGAMP e o Fondo Galego de Solidaridade aconsellan paralizar a recollida de alimentos e materiais de primeira necieidade, razón pola cal dende o Concello quedará suspendida.

O Concello de Xove agradece profundamente as doazóns recibidas por parte dos veciños, aportacións que serán gardadas para enviar máis adiante ou reservadas para as persoas refuxiadas que cheguen a Galicia.

O Concello de Xove condenar explícitamente esta guerra e amosa a maior solidaridade co pobo de Ucraína.

Exit mobile version