Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha de Ribadeo agradece a acollida que tivo a exposición e documental “Memoria e Patrimonio baixo a Ría”

Ribadeo, 22 de abril 2022. A Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha de Ribadeo agradece a magnífica acollida que tivo a exposición e documental “Memoria e Patrimonio baixo a Ría”. Esta actividade, que tivo lugar o xoves 21 de abril, trátase da segunda parte do “Proyecto Argos”.

Desde a Asociación “agradecemos a Paco Rivas, director do centro C.R.A. Ría del Eo, como ao profesorado e por suposto a todo ao alumnado que coas súas preguntas nos fan reflexionar e nos animan a seguir traballando, pese as dificultades, para que o día de mañá sexan eles e elas quenes continúen co legado de protexer e divulgar a importancia do patrimonio sumerxido”.

“Moitas grazas a REALE SEGUROS, Agencia Oviedo pola súa colaboración en cada actividade que realizamos. Este apoio nos fai ver que non estamos solos, que o patrimonio sumerxido da Ría é responsabilidade de todos e así o demostran”, sinalan desde a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha de Ribadeo.

Por último, agradecen tamén ao deputado autonómico, Daniel Vega Pérez, “pola súa implicación desde os inicios deste proxecto, por apoiar iniciativas en defensa da Ría. A súa presenza neste tipo de actos é unha clara demostración de como utilizar a Ría para unir e non para dividir”.

Exit mobile version