Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación interpoñerá ante o TSXG un recurso de apelación contra a sentenza de Tragsa

Lugo, 11 de abril de 2022. A Deputación de Lugo informa de que, atendendo aos informes elaborados ao respecto polo servizos xurídicos da institución provincial, interpoñerá ante o TSXG un recurso de apelación contra a sentenza ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Lugo en relación coa compra dunha acción do capital social da empresa pública Tragsa e co encargo á mesma do servizo de mantemento das zonas verdes provinciais.

Nos devanditos informes, os servizos xurídicos amósanse en profundo desacordo co contido da sentenza porque a Deputación de Lugo seguiu no procedemento “de maneira clara, meridiana e palmaria” todos os trámites precisos para a compra da acción de Tragsa, tal e como avalan todos os informes que obran nos expedientes, emitidos polos servizos de Secretaría Xeral, Secretaría Xeral Adxunta, Intervención e Patrimonio.

A Deputación insiste en que a sentenza non é firme, polo que non modifica en ningún aspecto a relación da Deputación con Tragsa como medio propio personificado.

Non obstante, en tanto non se resolva o recurso de apelación e co fin de extremar as garantías de seguridade xurídica das actuacións provinciais, os servizos xurídicos da Deputación estiman procedente adoptar acordo polo Pleno no mesmo sentido que os acordos adoptados polas Corporacións ás que se fai referencia na sentenza. Con base a isto, o Presidente decidiu CONVOCAR UN PLENO, EXTRAORDINARIO E URXENTE, QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ MARTES, ÁS 14.30 HORAS, COS SEGUINTES PUNTOS DE ACORDO:

PRIMEIRO.- Ratificar a adquisición pola Deputación Provincial de Lugo dunha acción do capital social da Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (TRAGSA) disposta por Resolución da Presidencia de data 13 de decembro de 2019.

SEGUNDO.- Ratificar o disposto na Resolución da Presidencia de data 13 de decembro de 2019 de forma que, dende dito momento, TRAGSA pasou a ter a consideración de medio propio personificado da Deputación Provincial de Lugo.

TERCEIRO.- Ratificar o acordo da Xunta de Goberno, de data 27 de decembro de 2019, polo que se encargou a TRAGSA, como medio propio da Deputación Provincial de Lugo, o servizo de mantemento e conservación das zonas verdes.

Exit mobile version